Este mércores, día 7 de decembro, asistimos á 1ª Proba de Campo a Través celebrada no Estadio Municipal de San Lázaro, en Noia. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria gozou dunha xornada deportiva na que participaron máis de 1100 nenos e nenas da bisbarra. O alumnado do cole fixo un papel estupendo e incluso varios alumnos e alumnas acadaron medalla, ao rematar entre os 10 primeiros clasificados.
Dende o cole queremos felicitar ao alumnado participante polo esforzo feito na proba.
A vindeira proba queda establecida para o 17 de xaneiro, no Campamento do Loreto, en Porto do Son e cun percorrido moito máis dinámico e atractivo, ao ser por camiños de monte.
MOITO ÁNIMO E A SEGUIR ADESTRANDO!!!
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario