domingo, 6 de abril de 2025

XOGOS MULTIDEPORTIVOS EN BROÑA

 Este martes, día 8 de abril, terá lugar unha xornada de convivencia do alumnado de 5º e 6º do noso centro co alumnado do CPI da Picota (Mazaricos).

 





 



 


CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS

 O pasado venres, día 28 de marzo, asistimos ao Campionato Provincial de Cros, no Campamento Virxe do Loreto, en Porto do Son.

Os nosos representantes, o equipo benxamín masculino, realizaron unha carreira fenomenal e acadaron un estupendo 4º posto por equipos.

Parabéns a todos os que participástedes nas diferentes probas!!! 



DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.