Hoxe celebrouse a segunda xornada de campo a través no campamento Virxe do Loreto, en Porto do Son. Un total de 70 alumnos e alumnas do cole disfrutaron dunha mañá de deporte pasada por auga.
Non podía comezar mellor a mañá, na que Julia Lestón gañaba a primeira proba, categoría benxamín. Papel destacado tiveron as súas compañeiras, conseguindo a clasificación por equipos para a seguinte proba así como un nenos da mesma clase. Tamén acadou a clasificación Emma, na categoría alevín feminino. Parabéns polo esforzo a tod@s!!!
