viernes, 24 de noviembre de 2023

MINI MARATÓN KATHRINE SWITZER

 No día de hoxe celebramos no cole a Minimaratón na honra de Kathrine Switzer, impulsora do deporte feminino na década dos 70. Familias e alumnado realizamos un percorrido ata a zona da praia, andando ou correndo.

Dende o cole queremos agradecer a todas as familias que participaron, á ANPA, á asociación Serres Runners, AD Esteirana de Remo, ao concello e, ao alumnado, como os verdadeiros protagonistas da xornada.



lunes, 13 de noviembre de 2023

I PROBA DE CROS - NOIA


 

PROXECTO: A HISTORIA DA NOSA ESCOLA

 No presente curso académico o noso centro cumple 50 anos e, como non podía ser doutro xeito, ao longo do curso desenvolveranse numerosas propostas para conmemorar este feito.

No primeiro trimestre estamos a facer un traballo de recopilación de información e documentación de escolas previas ao Ricardo Tobío. Dentro desa documentación temos unha parte referida aos xogos practicados por aquelas xeracións.



DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.