viernes, 24 de noviembre de 2023

MINI MARATÓN KATHRINE SWITZER

 No día de hoxe celebramos no cole a Minimaratón na honra de Kathrine Switzer, impulsora do deporte feminino na década dos 70. Familias e alumnado realizamos un percorrido ata a zona da praia, andando ou correndo.

Dende o cole queremos agradecer a todas as familias que participaron, á ANPA, á asociación Serres Runners, AD Esteirana de Remo, ao concello e, ao alumnado, como os verdadeiros protagonistas da xornada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.