miércoles, 2 de julio de 2025

DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.


miércoles, 7 de mayo de 2025

Intercomarcal de bádminton

 No día de hoxe asistimos ao campionato intercomarcal de bádminton, con un total de 21 deportistas.

Os resultados foron excepcionais e 9 alumnos e alumnas clasificáronse para o provincial do día 24, en Trazo. Parabéns!!!






domingo, 6 de abril de 2025

XOGOS MULTIDEPORTIVOS EN BROÑA

 Este martes, día 8 de abril, terá lugar unha xornada de convivencia do alumnado de 5º e 6º do noso centro co alumnado do CPI da Picota (Mazaricos).

 





 



 


CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS

 O pasado venres, día 28 de marzo, asistimos ao Campionato Provincial de Cros, no Campamento Virxe do Loreto, en Porto do Son.

Os nosos representantes, o equipo benxamín masculino, realizaron unha carreira fenomenal e acadaron un estupendo 4º posto por equipos.

Parabéns a todos os que participástedes nas diferentes probas!!! 



viernes, 14 de marzo de 2025

CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CROS

 Este mércores, día 12 de marzo, celebrouse o Campionato Intercomarcal de Cros, no estadio de San Lázaro, en Noia. Asistimos á proba con un total de 10 nenos e nenas e cabe destacar a actuación do equipo benxamín masculino, que acadou o segundo posto por equipos na clasificación, o que lle serve para acudir ao Campionato Provincial do día 28 en Porto do Son.

martes, 17 de diciembre de 2024

XORNADA XOGOS CON MISELA

 


En días pasados gozamos no cole dunha xornada de xogos tradicionais a cargo da "Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Noia e Muros. Agardámosvos para a seguinte ocasión!!!

lunes, 1 de julio de 2024

OUTRAS ACTIVIDADES RELACIONADAS...





 

VÍDEO PROXECTO


 

COÑECE O MEU CLUB

Dentro da modalidade "Coñece o meu club", o centro organizou dúas actividades dirixidas ao alumnado do centro:
- Visita ás instalacións da AD Esteirana de Remo, para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
- Visita dos adestradores ao centro, amosando os aspectos básicos do deporte do remo, para o alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.




XORNADA DE XOGOS COAS FAMILIAS

 Para poñer peche ao proxecto deste ano "50 anos de historia e moito máis", no centro organizamos unha xornada de xogos aberta a toda a comunidade educativa. O éxito da proposta foi total.






FINAIS DOS CAMPIONATOS

 A continuación amósanse diferentes fotos das finais dos campionatos de bádminton, nas categorías benxamín e alevín.

Parabéns a todos os participantes!





martes, 28 de mayo de 2024

SAÍDA SOBRE RODAS

 Nestes días de maio estamos levando a cabo unha unidade didáctica sobre rodas en 5º e 6º de Educación Primaria. Aproveitamos a ocasión para levar a cabo, co alumnado de 5º, unha saída en bici pola contorna, paseando pola zona de praia, Alameda, parque de Artón, entre outros.






domingo, 12 de mayo de 2024

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BÁDMINTON EN MONFERO

 Este sábado, día 11 de maio, unha representación de 7 nenos e nenas do cole participou no torneo provincial de bádminton celebrado no concello de Monfero.

Cada un dos participantes integrouse nun grupo formado por un total de 4 deportistas, que se enfrentaron entre eles para decidir os dous primeiros que se clasificaban directamente a cuartos de final.





VENRES MÁXICOS DE PRIMAVERA

 O pasado venres, día 10 de maio, botamos a andar unha nova edición dos venres máxicos de primavera, neste caso dirixidos ao alumnado de Educación Primaria.

Nesta primeira xornada, o tiro con arco foi o xogo protagonista de facer as delicias do alumnado que ata alí se achegou. Nas seguintes imaxes pode comprobarse o empeño que puxeron os nenos e nenas neste xogo.




DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.