martes, 13 de junio de 2023

FINAIS DE BÁDMINTON E HOCKEY

 Estes días estanse desenvolvendo no centro as finais da probas deportivas deste terceiro trimestre, que tiveron lugar no tempo de recreo.

No referido ao torneo de Hockey, Os explosivos de cuarto venceron a CR7 de terceiro nunha axustadísima final que se decidiu aos penaltis, logo do tempo de prórroga. Parabénms a todos os participantes!!!


 

VISITA DA ESCOLA DE PIRAGÜISMO OUTES

 No día de hoxe contamos coa presenza dos adestradores e o Presidente da Escola de Piragüismo de Outes no colexio. Ao longo da mañá, o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria pasaron polo patio cuberto para vivenciar e comprobar a estabilidade sobre un caiac e unha canoa.




 

DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.