lunes, 14 de noviembre de 2022

LIMPEZA DE PRAIAS

 O pasado venres, día 11 de novembro, todo o cole asistimos á limpeza de praias organizada por ADEGA, en colaboración co concello de Muros. A xornada, que no seu día foi aprazada pola choiva, foi moi frutífera e foron moitos os sacos de lixo que o alumnado conseguir encher. 

Esta tarefa encadrámola dentro do proxecto de centro: "A nosa saúde e a do planeta: residuos cero", que pretende concienciar ao alumnado na importancia de reducir a cantidade de plástico que utilizamos no noso día a día, á vez que colaboramos co planeta nunha tarefa tan importante como é limpar un entorno natural tan espectacular como é a praia de Parameán.

Dende o centro queremos agradecer a todo o alumnado polo bo traballo realizado!!!




martes, 8 de noviembre de 2022

XORNADAS DE CONVIVENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL

 Este curso académico botaron a andar no centro as aulas mixtas na etapa de Educación Infantil, o que implica que temos tres aulas que integran a alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil. Para favorecer a cohesión grupal, a integración e o compañeirismo entre todo o alumnado, as titoras organizan periodicamente xuntanzas de convivencia na que participan os tres grupos e nas que se realizan xogos dinámicos e moi variados.

Aquí podedes ver unha foto dun dos xogos realizados...



DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.