O xoves, día 26 de outubro, botamos a andar no centro un ciclo de conferencias dirixidas ao alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria. Nesta primeira ocasión tocoulle ao alumnado de Educación Infantil, que puideron achegarse a algúns dos alimentos saudables e non saudables da man das doctoras Mª Belén Nimo e Mª de los Ángeles Pérez.
lunes, 30 de octubre de 2023
CHARLAS ALIMENTACIÓN SAUDABLE
EDUCACIÓN FÍSICA NA PRAIA
Nas primeiras semanas de curso, aproveitamos o bo tempo existente para desenvolver varias sesións de Educación Física na praia, con varios grupos de Educación Primaria. A práctica de actividade física en contacto coa natureza proporciona numerosos beneficios ao noso organismo, non solo a nivel físico, senón tamén a nivel mental.
LIMPEZA DE PRAIAS
Un ano máis, o alumnado do colexio colaborou na limpeza simultánea de praias organizada por Adega e en colaboración co Concello de Muros. Sen lugar a dúbidas foi unha xornada de moito proveito, xa que foron numerosas as bolsas de lixo que recollemos. Cabe destacar o número elevado de cabichas que se retiraron.
DAFIS
Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
-
No día de hoxe contamos coa presenza dos adestradores e o Presidente da Escola de Piragüismo de Outes no colexio. Ao longo da mañá, o alumn...
-
Hoxe celebrouse a segunda xornada de campo a través no campamento Virxe do Loreto, en Porto do Son. Un total de 70 alumnos e alumnas do col...




