Ao longo destas dúas últimas semanas levamos a cabo as probas de valoración da Condición Física e medidas antropométricas da Plataforma DAFIS (dentro dos Plans Proxecta + ), dirixidas ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. A participación foi moi elevada, superando o 90% do alumnado destes cursos.
Esta iniciativa, incluída dentro do Plan "Galicia Saudable", pretende medir o nivel de condición física de cada alumo/a, mediante a valoración de aquelas cualidades físicas e psicomotoras que permiten coñecer e facer o seguimento do seu estado físico, decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.
Nos vindeiros días coñeceremos os resultados acadados polo noso alumnado, o que nos permitirá reflexionar e tomar decisións relacionadas coa práctica de actividade física, sempre encamiñada cara a mellora da saúde e calidade de vida.
