martes, 27 de febrero de 2024

CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CROS EN NOIA

 No día de hoxe celebrouse a Fase Intercomarcal de Cros en Noia, na que participaron colexios e institutos de diferentes comarcas da provincia da Coruña.

O noso colexio participou cunha representación de 11 nenos e nenas e temos que destacar o primeiro posto acadado polo equipo benxamín feminino. Paola, Noa, María, Rita, Briana e Carmen representarán ao centro no Campionato Provincial de Cros que terá lugar o venres día 15 de marzo en Porto do Son.

Parabéns a todos os participantes do colexio!



martes, 20 de febrero de 2024

XORNADA DE CONVIVENCIA EN MUROS

 O alumnado de 5º e 6º curso do noso centro compartiu unha xornada de convivencia xunto co alumnado dos mesmos cursos do CEIP plurilingüe de Louro e do CEIP Plurilingüe Ramón de Artaza.




 

domingo, 4 de febrero de 2024

II XORNADA DE CROS EN PORTO DO SON

 Este venres, día 2 de febreiro, o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria acuidiu á Proba de Cros celebrada no Campamento Xuvenil Virxe do Loreto, en Porto do Son. A climatoloxía e a contorna permitiron ao alumnado disfrutar dunha preciosa mañá para a práctica de actividade física. 

Un total de 11 nenos e nenas do cole clasificáronse para o Campionato Intercomarcal que terá lugar o día 23 deste mesmo mes, en Noia.

Parabéns a todos!





NOVO PARQUE DE XOGOS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

 Maña luns, día 5 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil estreará o novo patio de xogos (dotado pola Consellería), composto de varios elementos como: balancín, tobogán, rocódromo, entre outros.

Nas imaxes pode verse a evolución dos traballos feitos nesta última semana...







XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS NO COLE

O pasado venres 26 de xaneiro celebrouse no Ceip Ricardo Tobío unha entrañable xornada na que avós, avoas e ata unha bisavoa viñeron ao cole a xogar co alumnado para ensinarlles aqueles xogos escolares que eles practicaban de nenos e que non precisaban case de material, algún pau, pedra, tella…. pero cos que disfrutaban moito.

Esta xornada foi o final da primeira parte do proxecto de centro deste curso “50 anos de historia e moito máis” no que, para celebrar os primeiros 50 anos do noso colexio, investigamos sobre as escolas que había antes da construción do centro. Como era a educación, que libros se usaban ,os xogos que se facían… logo fíxose unha exposición con todo o material enviado polas familias: fotos, libros, documentos, xogos e anécdotas, que foi recollido nun video documental, feito pola nai dunha alumna na nosa aula maker, coa participación de varios avós e avoas cos seus netos e netas.

Na seguinte foto temos aos avós que finalmente puideron vir xogar con nós, pero había algúns máis aos que lles foi imposible acompañarnos, por razóns de traballo ou saúde. A todos moitas grazas pola vosa colaboración e por vir xogar con nós!

Información do blog: https://bibliotecamestreagrelo.wordpress.com/






!

DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.