miércoles, 24 de mayo de 2023

VISITA AO VIVEIRO

 O alumnado de Educación Infantil e de 3º de Educación Primaria visitou, a inicios de maio, o viveiro que a Comunidade de Montes ten en Esteiro. A visita levouse a cabo logo dunha bonita andaina dende o centro. Alí, persoal da comunidade explicou ao alumnado aspectos moi interesantes da flora da nosa contorna, como os tipos de árbores existentes. 
Dende a comunidade manifestaron a intención de continuar colaborando co centro na divulgación da importancia do coñecemento e coidado da flora e fauna da contorna.



TRIUNFA COA VOZ: EDICIÓN JUNIOR

 O proxecto de centro "A música das nosas vidas" entra na súa parte final, coa edición junior que ten lugar nos días 24 e 25 de maio.

Logo das edicións dirixidas ás avoas e avós así como a nais e pais, agora é o momento de que nenos e nenas se suban ao escenario e poñan todo da súa parte. 

Nestes últimos días puidemos comprobar as gañas e ilusión coas que nenos e nenas preparaban as súas cancións e coreografías. Sen lugar a dúbidas, o éxito está garantido!!!






TORNEO DE HOCKEY

 O primeiro torneo de hockey do colexio está a chegar á súa fase final, unha vez rematada a liga regular no día de hoxe. Dito torneo diríxese ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria e conta cunha participación de preto do 100% do alumnado. 

Con este torneo pretendemos fomentar a práctica desta divertida modalidade á vez que inculcamos valores como o respecto, o compañeirismo así como a aceptación da victoria e da derrota no deporte.

Nos vindeiros días coñeceremos ao equipo gañador desta 1ª edición. 



GOZAMOS SOBRE RODAS

No día de onte, 23 de maio, dotamos o patio do centro duns novos elementos de xogo que empregar no tempo de lecer: rodas.

O alumnado de 1º, 2º e 5º de Educación Primaria, acompañado das súas titoras, ocupouse de pintar estas rodas con cores moi diversas. Logo do secado das mesmas, estas situáronse na zona de natureza do centro para a práctica de xogos e actividades diversas, que fomenten a creatividade do alumnado. 




TORNEO PROVINCIAL DE BÁDMINTON

 O pasado sábado, día 20 de maio, celebrouse o Campionato Provincial de Bádminton no Pavillón Municipal de Outes. Un total de 12 nenos e nenas representaron ao colexio neste campionato, nas categorías benxamín e alevín. Dende a área de Educación Física queremos felicitar a todos os rapaces e rapazas polo seu esforzo, pola súa progresión e por chegar ata o provincial.





lunes, 8 de mayo de 2023

LUNS E VENRES MÁXICOS DE PRIMAVERA

 En días pasados botamos a andar unha nova iniciativa que ten por fin dinamizar e fomentar a práctica de actividades lúdicas e recreativas no tempo de lecer: OS LUNS E VENRES MÁXICOS DE PRIMAVERA. A proposta consiste en sacar ao patio de recreo (os luns no de Educación Primaria e os venres no de Educación Infantil) materiais novidosos e motivantes para o alumnado: cometas, paracaídas, pelotas xigantes, tiro con arco...

A continuación poden verse algunhas das imaxes dalgúns dos recreos máxicos que se levaron a cabo ata o de agora.




DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.