O pasado venres, día 11 de novembro, todo o cole asistimos á limpeza de praias organizada por ADEGA, en colaboración co concello de Muros. A xornada, que no seu día foi aprazada pola choiva, foi moi frutífera e foron moitos os sacos de lixo que o alumnado conseguir encher.
Esta tarefa encadrámola dentro do proxecto de centro: "A nosa saúde e a do planeta: residuos cero", que pretende concienciar ao alumnado na importancia de reducir a cantidade de plástico que utilizamos no noso día a día, á vez que colaboramos co planeta nunha tarefa tan importante como é limpar un entorno natural tan espectacular como é a praia de Parameán.
Dende o centro queremos agradecer a todo o alumnado polo bo traballo realizado!!!
.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario