O último día de curso foi un día moi especial, e non solo porque tocaba despedir ao alumnado de sexto de Educación Primaria, senón tamén porque foi o momento no que se recoñeceu publicamente a toda a comunidade educativa o esforzo amosado polo alumnado ao longo de curso coa participación en diferentes campionatos deportivos no tempo de recreo: balonmán, hockey, brilé, bádminton...
Con respecto ao PVAD, neste festival podemos destacar a entrega de medallas aos finalistas dos campionatos de hockey e bádminton, así como a actuación do alumnado de sexto de primaria: "Alegría", un guiño ao espectáculo do Circo do Sol que leva o mesmo título.


No hay comentarios:
Publicar un comentario