jueves, 30 de junio de 2022

CONSELLOS PARA O VERÁN

 O alumnado de 4º curso de Educación Primaria elaborou, de xeito coordinado co mestre de Educación Física, unha serie de recomendacións para o verán que contribúan á mellora da saúde e calidade de vida de tod@s:

- PRACTICA DIARIAMENTE A ACTIVIDADE FÍSICA QUE MÁIS CHE GUSTE: ir en bici, camiñar, practicar algún deporte, saltar á comba, xogar na praia...

- ALIMÉNTATE COMENDO DE TODO: Aproveita as froitas de tempada, acompaña os platos con ensalada e non te olvides do peixe. Non abuses dos doces.

- HIDRÁTATE BEN: bebe auga frecuentemente, principalmente nos días de maior calor.

- DESCANSA O NECESARIO: trata de durmir todas as horas axeitadas  para a túa idade.

-

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.