Este venres coñecemos de primeira man o deporte do remo, a través da Asociación Deportiva Esteirana de Remo, que nos trouxeron ao centro un batel e varios ergómetros cos que poder practicar este deporte tan completo.
En primeiro lugar, da man de Chelo e Franche, amosáronnos un vídeo explicativo das principais diferencias entre o batel, traiñeira e traiñeirilla. Tamén coñecemon un montón de vocabulario novo relacionado co deporte: tolete, estrobo, tolete, cabo, foso, babor, estribor...
A continuación puidemos simular o remo dentro dun batel e tamén probar os ergómetros cos que se adestra.
Finalmente, e logo de sortear uns agasallos entre o alumnado, convidáronnos a visitar o club durante o verán.

No hay comentarios:
Publicar un comentario