lunes, 2 de mayo de 2022

PIRAGÜISMO DE DRAGÓNS

 Este curso escolar, o centro participará por primeira vez na modalidade de piragüismo de dragóns, dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte e organizado pola AD Escolar "As Rías".

O alumnado de 6º de Educación Primaria, disfrutará dunha xornada de piragüismo de Dragóns o luns 6 de xuño, en Portosín. O Dragón é unha embarcación cunha tripulación composta por 12 ata 22 padexeiros, onde un deles é o tambor, que dirixe o ritmo da palada e outro é o timonel, que leva a dirección do barco.

De seguro que o pasaremos xenial!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.