jueves, 25 de noviembre de 2021

ESTREAMOS ESPAZOS DEPORTIVOS

 Co comezo do curso académico 2021-22 estreamos novas instalacións e espazos para a práctica deportiva: unha pista polideportiva exterior con campos de fútbol sala, balonmán, baloncesto e brilé; é un campo con rede de volei. Durante a primeira quincena de setembro, persoal do concello ocupouse da instalación das porterías, canastras e postes de volei. O profesorado encargouse de pintar as pistas, colocar as redes de fútbol e pintar dúas das porterías. O resultado pode verse nas dúas fotos inferiores.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

DAFIS

 Nestas últimas semanas de curso aplicamos as probas de condición física de DAFIS, nos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.